Exército Vermello Xaponés
O Exército Vermello Xaponés (日本赤軍 Nihon Sekigun?) foi un grupo armado fundado no Xapón en 1971[1] por Fusako Shigenobu.[2] O grupo, formado a partir de elementos da extrema esquerda xaponesa, contou aproximadamente con entre douscentos e trescentos integrantes, e o 10% chegou a operar fóra das fronteiras xaponesas.[1] A pesar do seu reducido tamaño, alcanzou especial notoriedade internacional durante os anos setenta,[2] cometendo distintas accións espectaculares, como o asalto ao aeroporto de Tel Aviv no que 26 persoas (incluídos dous integrantes deste grupo) acabaron mortos baixo o fogo de metralladoras e explosións de granadas de man.[2] Está sinalado como o primeiro grupo que cometeu accións para outros grupos de Occidente, como secuestros de embaixadas, chancelarías, barcos ou avións.[3]
Despois da detención de Kōzō Okamoto, o líder deste grupo,[3] o Exército Vermello Xaponés diminuíu as súas actividades, até que cesaron por completo a finais da década de 1980,[2] despois de estourar un coche bomba[1] nunhas instalacións militares estadounidenses en Nápoles.[2]
Hai constancias e especulacións de que realizou ou realizaría atentados xunto a distintos grupos terroristas, por exemplo, a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, Setembro Negro, Brigadas Vermellas, Baader Meinhof, Al Fatah, Exército Corso, IRA, ETA, Iparretarrak e Hamás.[3]
Tiña como obxectivos políticos a revolución proletaria no Xapón, o derrocamento do Goberno do Xapón, acabar coa monarquía da familia imperial xaponesa e consolidar unha revolución mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baeza L., Álvaro (1997). ABL PRESS ABL S.L, ed. Terroristas. Madrid. ISBN 8488485298.
- Sanoja Hernández, Jesús (2002). El Nacional, ed. Diccionario de terrorismo. Caracas. ISBN 980388008X.